En Marzo do 2019 unha chamada e todo volve comezar. Xa non somos uns nenos, pero estamos cheos de ilusión. O punto de saida a unha longa viaxe!

Comezan os ensaios en maio, quitar o ferruxe, revisión dos vellos temas e novas composicións.

A volta aos escenarios foi no Pelirroja Merchi da Coruña en xaneiro do 2020

Pouco despois do concerto, Jose o noso guitarrista ten que deixarnos, o que semellaba ser unha traxedia, converteuse no gran descobremento de Nando

Se a marcha de Jose non era suficiente, a pandemia mundial da Covid-19 para tódolos concertos e plans que tiñamos marcados para o 2020

Durante o confinamento decimos que non valía parar e gravamos os vídeos “Doces soños” e “Non é non”

Unha grata sorpresa para rematar o ano foi a chamada para participar no plan cultural PRESCO organizado polo concello da Coruña

En marzo do 2021 chega á formación Doc Manu un experimentado picadiscos