En Marzo do 2019 unha chamada e todo volve comezar. Xa non somos uns nenos,

pero estamos cheos de ilusión. O punto de saida a unha longa viaxe!


Comezamos a ensaiar en maio, quitalo ferruxe,


revisión dos vellos temas e novas composicións.


A volta aos escenarios foi no Pelirroja Merchi da Coruña en xaneiro do 2020


Pouco despois do concerto, Jose o noso guitarrista ten que deixarnos,

o que semellaba ser unha traxedia, converteuse no gran descobremento de Nando


Se a marcha de Jose non era suficiente, a pandemia mundial da Covid-19


para tódolos concertos e plans que tiñamos marcados para o 2020


Durante o confinamento decimos que non valía parar


e gravamos os vídeos “Doces soños” e “Non é non”


Unha grata sorpresa para rematalo ano foi a chamada para participar no


plan cultural PRESCO organizado polo concello da Coruña


Para festexalas Letras Galegas lanzamos “Compañeiro Daniel”,


adaptación dun poema de Darío Xohán Cabana


No verán do 2021 participamos no festival “Frío no rostro” de Miño


O 2021 aínda gardaba unha nova sorpresa, Nando decidía deixala banda


Para non rematalo ano con malas novas, publicámolo NaviRap,


unha panxoliña con tintes de Hip-Hop dos 90 crítica coa sociedade actual


Comezámolo ano 2022 coa publicación do tema “Doces soños”,


desta volta con son de estudo e un vídeolírico


Abril do 2022 participamos nunha nova edición do “Rock In Flora” en Viveiro


Finalmente, en Maio chega á banda David, un guitarrista cunha ampla traxectoria


En Decembro do 2022 publicámolo noso primeiro traballo discográfico


“Rexurdir” e anunciamos Xira para o 2023


Tamén ese mesmo mes publicámolo vídeolírico do tema “Dollar”


Comezámolo ano 2023 coa festa de inicio da Xira #REXURDIR no Pelirroja Merchi


En Febreiro compartimos escenario coas bandas


Bola Rápida e Overlook 237 no XebreFest na Disfrutona do Orzán


Tocamos na sala Filomátic coa banda Niño Asqueroso en Marzo do 2023


Abril do 2023 trae a publicación do sinxelo

“Compañeiro Daniel” acompañado dun vídeoclip


Tamén nese mes actuamos na Gentalha do Pichel en Compostela


Coas bandas Less Fortunate Songs e StrikeBack

tocamos na sala Mala Vida da Coruña


No mes das maio levamola xira Rexurdir a Melide no Pub Gatos

e facemos un concerto especial Letras Galegas no IES Afonso X de Cambre


Xuño comeza no Buril de Sarria e remata no Ambigú d’Elviña da Coruña


A baixa de última hora por grave enfermidade dun membro de Skull Harvest,

lévanos a compartir escenario na Sala Filomatic cos Barbarian Prophecies o 21 de Xullo


En Agosto publicámolo tema “Ei levántate” coa colaboración de

Roi da Costa e as Izquierdo Sisters, tema adicado á afección do Depor


Durante o mes de setembro volvemos á Sala Filomatic cos

Electrikeel (Pamplona) e facémola Festa fin de verán na Cabana do Chopo


En outubro imos á festa de outono do

Restaurante Pane Lingua na praia de Cirro (Veigue)


Xaneiro de 2024 festexámolo fin da Xira Rexurdir no Pelirroja Merchi


Publicámolo tema “Pedras contra tanques” en homenaxe

ao grupo de pandeireteiras Leilía


En marzo ve a luz o vídeo do tema “Sabadete”

incluido no traballo “Rexurdir”


En maio volvemos festexalas Letras Galegas no

IES Afonso X o Sabio de Cambre.


En xuño comezámola gravación do segundo traballo discográfico


En novembro incorpórase á banda TheBreiso para darlle coa súa guitarra

máis contundencia aos nosos temas


Rematámolo ano publicando o vídeo para o tema “Ei levántate!”


Concertazo para abrir o ano 2025 na sala Filomatic

coas bandas Nukore (Vitoria-Gasteiz) e Musgo981 (Compostela)


O concerto tamén serve como despedida de Dary


En abril publicamos “Somos Patrimonio” como previa do novo disco


Agosto comeza coa marcha de Rodriguez por problemas de compatibilidade e entra Binny a cubrir a súa marcha


31 de outubro participamos no ShamainFest organizado pola AC Buril de Sarria


O derradeiro sábado de xaneiro do 2026 presentamos na Sala MalaVida da Coruña o noso segundo traballo “A Nosa Terra” acompañados da banda “Dr. Garimba”


1 de febreiro sae publicado nas principais plataformas dixitais “A Nosa Terra”




Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario